Aprender a convivir

Aprender a convivir

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497824927
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-492-7
Páginas:
152
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

12,05 €

IVA incluido

O obxectivo de aprender a convivir forma parte, cando menos de forma implícita, de todo o proceso educativo. Historicamente, ao sistema educativo, xunto coa familia, asignábaselle a aprendizaxe das normas de convivencia elementais para vivir en sociedade. O Informe á UNESCO da Comisión internacional sobre a educación para o século XXI, presidida por Jacques Delors, resalta o de aprender a convivir como un  dos catro piares en que se debe sustentar a educación para o novo século. Aprender a convivir non é só un requirimento formal das nosas leis educativas senón unha necesidade inaprazable de todo proxecto educativo, tanto da familia como do conxunto do sistema educativo, sen  esquecernos dos medios de comunicación social. A aprendizaxe dunha convivencia respectuosa e solidaria é responsabilidade de toda a cidadanía e non só do profesorado. Todos os cidadáns deben achegar o seu grao de area para favorecer unha convivencia positiva nos diferentes ámbitos da vida: familia, escola, traballo, barrio ou cidade. Este libro é froito do programa educativo, promovido pola Concellería de Educación e Muller do Concello de Vigo, co obxectivo de aprender a convivir co conflicto de forma natural e positiva, favorecer hábitos de convivencia democrática nunha sociedade cada vez máis multicultural  e rexeitar a violencia como forma de resolución de conflictos. O autor, Xesús R. Jares, propón, dende unha cultura de paz, unha reflexión en profundidade sobre a problemática actual da convivencia dentro dos centros escolares, así como liñas de actuación educativa, baseadas na participación da comunidade educativa, a mediación e a resolución non-violenta dos conflictos. O volume complétase cun anexo documental onde se inclúe información sobre as características do programa promovido polo Concello de Vigo e os textos completos das declaracións sobre a violencia (Sevilla 1986), o Manifesto 2000 para unha cultura de paz e a non violencia, e da Declaración universal dos dereitos humanos.

Otros libros del autor en Booksonline

Xerais en Booksonline

  • 22 SEGUNDOS
    Titulo del libro
    22 SEGUNDOS
    Nº 171
    Mejuto, Eva
    Xerais
    O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía  sendo hora de existir. Ata ese mome...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • Traballando co léxico 2. Solucionario
    Titulo del libro
    Traballando co léxico 2. Solucionario
    ´Doural Rocha, Ana / Granxa González, Xosé Antón / Martínez Seixo, Ramón Anxo
    Xerais
    No disponible

    13,30 €

  • VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
    Titulo del libro
    VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
    Freixeira Ferreira, Eva;Bañobre González, Marián;Cortegoso Calvar, Santiago;Paredes, Zé;Losada Galiñáns, Carlos
    Xerais
    Eva F. Ferreira foi a gañadora do Premio do Xurado do VIº Premio de Teatro Radiofónico "Diario Cultural" da ...
    No disponible

    15,55 €

  • Os cárceres do esquenzo
    Titulo del libro
    Os cárceres do esquenzo
    António, Inma
    Xerais
    "Os cárceres do esquenzo", escrita por Inma Antonio, aborda a entrevista que mantén Nicolás o Ruso, un veter...
    No disponible

    11,10 €

  • Amor dos quince anos, Marilyn
    Titulo del libro
    Amor dos quince anos, Marilyn
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    No disponible

    7,50 €