Aprender a convivir

Aprender a convivir

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497824927
Any d'edició:
ISBN:
978-84-9782-492-7
Pàgines:
152
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
130
Alt:
210
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
SIN COLECCION

12,05 €

IVA inclòs

O obxectivo de aprender a convivir forma parte, cando menos de forma implícita, de todo o proceso educativo. Historicamente, ao sistema educativo, xunto coa familia, asignábaselle a aprendizaxe das normas de convivencia elementais para vivir en sociedade. O Informe á UNESCO da Comisión internacional sobre a educación para o século XXI, presidida por Jacques Delors, resalta o de aprender a convivir como un  dos catro piares en que se debe sustentar a educación para o novo século. Aprender a convivir non é só un requirimento formal das nosas leis educativas senón unha necesidade inaprazable de todo proxecto educativo, tanto da familia como do conxunto do sistema educativo, sen  esquecernos dos medios de comunicación social. A aprendizaxe dunha convivencia respectuosa e solidaria é responsabilidade de toda a cidadanía e non só do profesorado. Todos os cidadáns deben achegar o seu grao de area para favorecer unha convivencia positiva nos diferentes ámbitos da vida: familia, escola, traballo, barrio ou cidade. Este libro é froito do programa educativo, promovido pola Concellería de Educación e Muller do Concello de Vigo, co obxectivo de aprender a convivir co conflicto de forma natural e positiva, favorecer hábitos de convivencia democrática nunha sociedade cada vez máis multicultural  e rexeitar a violencia como forma de resolución de conflictos. O autor, Xesús R. Jares, propón, dende unha cultura de paz, unha reflexión en profundidade sobre a problemática actual da convivencia dentro dos centros escolares, así como liñas de actuación educativa, baseadas na participación da comunidade educativa, a mediación e a resolución non-violenta dos conflictos. O volume complétase cun anexo documental onde se inclúe información sobre as características do programa promovido polo Concello de Vigo e os textos completos das declaracións sobre a violencia (Sevilla 1986), o Manifesto 2000 para unha cultura de paz e a non violencia, e da Declaración universal dos dereitos humanos.

Altres llibres de l'autor a Booksonline

  • Educación e paz I
    Titulo del libro
    Educación e paz I
    R. Jares, Xesús
    Xerais
    Educación e Paz I recolle a vida de 25 anos do grupo Educadores pola Paz de Nova Escola Galega. O primeiro gru...
    No disponible

    17,30 €

  • Educación y conflicto
    Titulo del libro
    Educación y conflicto
    Jares, Xesús
    Popular
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,00 €

  • Educación e paz II
    Titulo del libro
    Educación e paz II
    R. Jares, Xesús
    Xerais
    Educación e Paz II. Presente e futuro da construción da Paz, recolle as colaboracións que fixeron uns 40 ens...
    No disponible

    17,30 €

  • Educación e dereitos humanos
    Titulo del libro
    Educación e dereitos humanos
    Rodríguez Jares, Xesús
    Xerais
    No disponible

    14,50 €

  • Educación para la paz
    Titulo del libro
    Educación para la paz
    Rodríguez Jares, Xesús
    Popular
    No disponible

    11,00 €

Xerais a Booksonline

  • Ventos
    Titulo del libro
    Ventos
    García Teijeiro, Antonio
    Xerais
    Consiste nunha colección de vinte poemas nos que está presente o vento  -ou os ventos-, que serven como enlac...
    No disponible

    7,80 €

  • TODO O TEMPO DO MUNDO
    Titulo del libro
    TODO O TEMPO DO MUNDO
    PÈREZ IGLESIAS, DAVID
    Xerais
    Ariadna lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos p...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,95 €

  • A ira dos mansos
    Titulo del libro
    A ira dos mansos
    Esteban, Manuel
    Xerais
    O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o c...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    18,50 €

  • Que ica!
    Titulo del libro
    Que ica!
    Igerabide, Juan Kruz
    Xerais
    ¿Vistes algunha vez unha nena coa pel de cor laranxa? Iso é porque non  coñecedes a protagonista deste conto...
    No disponible

    3,05 €

  • Prehistoria, dinosauros, primeiros poboadores
    Titulo del libro
    Prehistoria, dinosauros, primeiros poboadores
    Benton, Michael / Cook, Elisabeth
    Xerais
    No disponible

    13,47 €