XAN DO ARRANALDO
 IBD

XAN DO ARRANALDO

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484874034
Materia
NOVELA
ISBN:
978-84-8487-403-4
Páxinas:
172
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
NARRATIVA

16,00 €

IVE incluído
Comprar

Xan Neto, un rapaz da Moureira de Abaixo, Pontevedra, fillo dun atalieyro dun dos seis cercos reais existentes para a pesca da sardiña, soñaba con ser capitán dunha carabela coma xa o foran algúns membros da súa familia.
Corrían os anos 1475, 1476, 1477, anos nos que a vila pontevedresa foi tomada polas tropas portuguesas ao mando de don Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga, logo de ter proclamado este cabaleiro a dona Xoana "A Beltranexa" como raíña de Galicia, Castela, Aragón e Portugal.
Este libro trata das aventuras  e desvelos que tivo que sufrir o noso protagonista para conseguir o seu soño neses momentos tan convulsos da historia da "boa vila" ao seren cercada polas tropas dos reis Católicos comandadas polo arcebispo Fonseca e mais por Juan Arias del Río, corrixidor maior de Galicia.
Fixo Xan Neto toda a carreira do mar. Paxe ata os 17 anos,  grumete máis adiante, axuda de piloto dunha gran carraca, piloto e, por fin, o ansiado título de capitán, concedido polo Concello da Vila.
Viaxes a Londres con carga de viño do Ribeiro, a Flandres con  salgaduras e ferramentas de ferro, volta con cargamento de sal de Guérande da Bretaña francesa, viaxes a Sevilla coa mesma carga e volta  con sal e olas.
A narración móstranos a vida cotiá da Pontevedra de finais do século XV, cidade cercada e de loitas entre irmáns, e móstranos tamén a súa gran riqueza: a pesca da sardiña por medio dos cercos reais que fixeron da cidade unha das vilas máis ricas e poboada  da península ibérica durante máis de douscentos anos e a máis grande de Galicia.
É, xa que logo, unha novela histórica que describe un importante anaco do noso devir como vila mariñeira.

Outros libros do autor en Booksonline

Materia en Booksonline

Laiovento (ibd) en Booksonline

  • ESCRITOS DE MOCIDADE (1914-1918)
     IBD
    Titulo del libro
    ESCRITOS DE MOCIDADE (1914-1918)
    Antonio GRAMSCI
    Laiovento (ibd)
    Neste volume recóllense unha serie de artigos que AntonioGramsci escribiu entre os anos 1914-1918, é dicir, i...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,00 €

  • Cartofrafía idelóxica de Xosé Lois García
     IBD
    Titulo del libro
    Cartofrafía idelóxica de Xosé Lois García
    Picallo Fontes, Heitor
    Laiovento (ibd)
    Nesta obra, Héitor Picallo Fontes debuxa un retrato exhaustivo de Xosé  Lois García, unha figura fundamental...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    29,95 €

  • A SAÚDE COMO NEGOCIO. Informe urxente sobre a sanidade púb
     IBD
    Titulo del libro
    A SAÚDE COMO NEGOCIO. Informe urxente sobre a sanidade púb
    Pablo Vaamonde García (Coord.)
    Laiovento (ibd)
    As medidas adoptadas nos primeiros tres anos de goberno do PP en Galiza (redución dos orzamentos sanitarios, r...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    13,00 €

  • O ttip: un cabalo de Troia contra a nosa soberanía
     IBD
    Titulo del libro
    O ttip: un cabalo de Troia contra a nosa soberanía
    Xosé M. Carril - Bernardo Valdês (Coor
    Laiovento (ibd)
    Os acordos da Organización Mundial do Comercio e os Tratados de LibreComercio bilaterais ou rexionais responde...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,64 €

  • CARTAS PERSAS
     IBD
    Titulo del libro
    CARTAS PERSAS
    MONTESQUIEU
    Laiovento (ibd)
    A publicación das Cartas persas, en 1721, en Amsterdam, de forma anónima, confírelle ao autor unha celebrida...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,90 €