Os espellos do tempo

Os espellos do tempo

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651157
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-115-7
Páxinas:
300
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Como suxire o título, Os espellos do tempo xira ao redor de dúas ideas: a de reflexión, no dobre sentido de pensar e reflectir, e a de simulacro. No interior do texto narrativo conviven dous "eus", un deles é o narrador e o outro unha construción formada por acumulación de diferentes "eus" que acaban por constituír, en verbas do propio Vaqueiro, "un dispositivo frankensteiniano", un personaxe híbrido que podería ser fillo dun estratega que manexase con habelencia as ferramentas de Photoshop. A novela aliméntase de imaxes procedentes da  fotografía e do cinema. O individuo fragmentado, característico da sociedade actual, é o punto de referencia a partir do cal o novelista explora as relacións entre fotografía, texto, realidade, verdade e verosimilitude. Os espellos do tempo, amais dun álbum fotográfico, contén un amplo álbum de citas final. Album fotográfico e citas que pretenden dar sentido, non só a través dos propios textos citados (e, polo tanto, traídos á memoria do lector), a unha exploración das linguaxes que abala entre texto e imaxes, imaxes e texto, para desvelar as diferentes facianas da realidade.
 Entre a fotografía, a imaxe e a literatura, a nova novela de Vítor Vaqueiro sitúa os lectores perante unha narrativa que transcribe os fragmentos do real.

Outros libros do autor en Booksonline

Materia en Booksonline

Galaxia en Booksonline

  • O castelo encantado
    Titulo del libro
    O castelo encantado
    Nº 129
    Nesbit, Edith
    Galaxia
    Esta obra recibiu unha subvención da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia Jerry, Jimmy e...
    No disponible
  • Aulularia
    Titulo del libro
    Aulularia
    Plauto, Tito Maccio
    Galaxia
    No disponible
  • O SEGREDO DAS BURGAS
    Titulo del libro
    O SEGREDO DAS BURGAS
    Nº 109
    Pombo Graña, Andrés
    Galaxia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,10 €

  • A SENDA DA SAL
    Titulo del libro
    A SENDA DA SAL
    Fernández Davila, Fran
    Galaxia
    Premio de novela por entregas "La Voz de Galicia 2017" Un vello mariñeiro, no solpor da súa vida, sente a nec...
    No disponible
  • Libres e vivas
    Titulo del libro
    Libres e vivas
    Nº 423
    AA.VV
    Galaxia
    Levan dicíndonolo dende que o ser humano está sobre a Terra. Que non queren ser vítimas. Mais tampouco escra...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,40 €