O libro do fútbol

O libro do fútbol

Nº:
478
Editorial:
Galaxia
EAN:
9788411760249
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-11-76024-9
Páxinas:
166
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
Literaria

17,15 €

IVE incluído
Comprar

Dicía Eduardo Galeano que o fútbol é a única relixión que non ten ateos. E aínda aqueles que deostan este deporte non poden renegar das moitas veces que de nenos correron entusiasmados detrás dun balón dándolle patadas nunha rúa ou nun descampado. Unha improvisada cancha foi o feliz territorio da infancia de moitos de nós. Sobre ela forxáronse inesperadas alianzas e naceron grandes rivalidades. Nese terreo delimitado polas áreas das porterías todos eramos iguais, non había clases, nin razas, nin cores. Todos tiñamos un único obxectivo: o gol. Recuperando ese espírito infantil do xogo, presentamos nesta antoloxía unha escollida selección de once autores e autoras das nosas  letras, o noso particular dream team, para pór en palabras a emoción e a paixón polo fútbol. Que soe o chifre do árbitro e que comece o xogo. Que gañe o mellor!

Outros libros do autor en Booksonline

Materia en Booksonline

Galaxia en Booksonline