NUNHA PRESA DE TERRA
 IBD

NUNHA PRESA DE TERRA

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484872832
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8487-283-2
Páxinas:
184
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
NARRATIVA

16,00 €

IVE incluído
Comprar

Esta é unha novela con moitas máis cousas, pero eu fíxome sobre todo nunha: a portentosa descrición da vida labrega de cando Paco Castro e mais eu eramos tamén nenos labregos, el por terras do Incio e eu pola Terra Chá, que ó fin e ó cabo vénvos sendo o mesmo. Pero aquí non hai ningún etnografismo, hai vida. Os personaxes son verdadeiros: son persoas, non tipos. Eu non os coñecín, pero recoñézoos con todas as súas luces e sombras, con todas as súas infinitas facetas: o pai atormentado polo seu alcoholismo irremediable, a prodixiosa mai intelixente e valorosa e triste, o amor imperfecto pero fatídico entre  os dous, a esperanza terque no futuro. E o neno que medra e cambia. E  a vida tal como é, ou como era.
Coincide o tempo desta novela cunha mudanza feroz: Paco Castro e mais eu nacemos case na agricultura  neolítica, e nos anos da nosa infancia e mocidade unha cultura milenaria foi destruída sen dar lugar a algunha cousa nova e propia, senón a unha aculturación, a unha asimilación, a unha colonización. Isto é algo que tamén conta John Berger de sitios que chamamos Francia. E o mesmo: Paco Castro cóntao de nós, e tampouco non fai etnografía, porque el está radicalmente da parte de dentro.
 Podiamos meternos en comparanzas, pero isto é diferente: diferente das  grandes novelas de nenos labregos da nosa literatura, que son, digo eu, as Aventuras de Alberte Quiñoi e as Memorias dun neno labrego. Isto é outra cousa: está máis preto de nós. E doe máis. Cantas veces pensaría eu en escribir unha novela así, e nunca me atrevín! Grazas a Paco Castro por escribila e darma a ler.
Darío Xohán Cabana

Outros libros do autor en Booksonline

Materia en Booksonline

Laiovento (ibd) en Booksonline

  • Alborada de Edipo
     IBD
    Titulo del libro
    Alborada de Edipo
    Xesús Pisón Villapol
    Laiovento (ibd)
    Alborada de Edipo comeza explorando as orixes do teatro e vai dar, por  fado ou magnetismo, ao misterio de Edip...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • O CABALEIRO DA ROSA
     IBD
    Titulo del libro
    O CABALEIRO DA ROSA
    Wladimir Dragossán
    Laiovento (ibd)
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €

  • Arredor de Castelao no século XXI
     IBD
    Titulo del libro
    Arredor de Castelao no século XXI
    Nº 456
    García Negro, María Pilar
    Laiovento (ibd)
    Arredor de Castelao no século XXI é unha reedición dun clásico imprescindible, publicado orixinalmente en 2...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • Nura
     IBD
    Titulo del libro
    Nura
    Ponç Pons
    Laiovento (ibd)
    "Comecei a escribir "Nura" un serán de inverno, en Macaret, arrodeado de velas e co Requiem de Mozart a todo v...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    12,95 €

  • Rectificar a historia. Escritos sobre Ricardo Carvalho Caler
     IBD
    Titulo del libro
    Rectificar a historia. Escritos sobre Ricardo Carvalho Caler
    María do Pilar García Negro
    Laiovento (ibd)
    RECTIFICAR A HISTORIAEscritos sobre Ricardo Carvalho CaleroPerguntémonos por que cómpre continuarmos a celebr...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €