Lorenzo Varela (1916-1978)

Lorenzo Varela (1916-1978). Unha fotobiografía

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497823203
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-320-3
Páxinas:
208
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
213
Alto:
280
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

51,50 €

IVE incluído

A presente obra, coordinada por Fernando Salgado García, un dos biógrafos máis destacados do poeta Lorenzo Varela, recolle un detallado percorrido fotobiográfico sobre a peripecia vital e traxectoria literaria do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2005. Un libro, prologado polo profesor Xesús Alonso Montero, que recolle centos de fotografías (a maior parte deles inéditas), textos e  documentos organizados nas seguintes etapas: 1916-1931: Infancia: La Habana - Monterroso- Buenos Aires. 1931-1934: Aceiro e mel: Lugo 1934-1939: Armas e letras: Madrid - Guerra Civil. 1939-1941: Camiño do desterro: Francia - México. 1941-1947: A esperanza renacida: Buenos Aires. 1947-1952: O Exilio no exilio: Uruguai. 1952-1976: A dobre patria galaico-criolla: Buenos Aires. 1976-1978: As cicatrices do retornado: Madrid - Galicia. A obra, ademais do percorrido fotobiográfico, inclúe ensaios de Xesús Alonso Montero ("Raíces lingüísticas, raíces literarias e raíces políticas de Lorenzo Varela"), Xosé Gregorio Ferreiro Fente ("Do socialismo ateniense ao mi mamá me mima. Lorenzo Varela e o padroado das Misións Pedagóxicas"), Alberto Portas Gómez (Lorenzo Varela. O militante e o seu tempo"), Carlós L. Bernárdez ("Lorenzo Varela: æo diagrama dun grito`. Unha visión esgazada e reflexiva da poesía, a arte e a vida") e Xosé Luís Axeitos ("Lorenzo Varela, unha voz amurallada). O volume complétase cunha completa cronoloxía e bibliografía de e sobre Lorenzo Varela. A edición desta fotobiografía realizouse en colaboración entre o Consello da Cultura Galega e Edicións Xerais de Galicia.

Materia en Booksonline

Xerais en Booksonline

  • Caderno profesorado ed. secundaria (2014-2015)
    Titulo del libro
    Caderno profesorado ed. secundaria (2014-2015)
     
    Xerais
    No disponible

    9,30 €

  • Alén da néboa
    Titulo del libro
    Alén da néboa
    Rodríguez Villar, Pedro
    Xerais
    Ata onde estarías disposto a chegar para evitar a tristeza Mario leva tempo pensando en acabar coa súa vida e...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,50 €

  • A rula, o peluche e a nena
    Titulo del libro
    A rula, o peluche e a nena
    Martín, Paco
    Xerais
    Esta é a historia dunha rula moi curiosa, aínda máis cá súa irmá, coa que comparte o niño. As rulas non ...
    No disponible
  • Caderno de agosto
    Titulo del libro
    Caderno de agosto
    Vieira, Alice
    Xerais
    No diario que escribe Gloria durante unhas vacacións de agosto intercala algúns capítulos da novela rosa que...
    No disponible

    12,00 €

  • Glub, o incrible peixe-bala
    Titulo del libro
    Glub, o incrible peixe-bala
    Freire, Isabel
    Xerais
    Glub, un peixe molón de cor laranxa e unha manchiña marrón no lombo que o facía diferente, vivía quentiño...
    No disponible

    8,95 €