Elementos de crítica literaria

Elementos de crítica literaria

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822534
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-253-4
Páxinas:
696
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

36,30 €

IVE incluído

Este libro, coordinado polo profesor Arturo Casas, márcase o obxectivo  de elaborar unha achega sistemática e cohesionada sobre a Crítica no marco xeral dos Estudos literarios. Para alcanzalo, comeza por delimitar a identidade da Crítica como disciplina e por dirimir o lugar e funcións que lle corresponden en tanto actividade social, cuestións tratadas no primeiro dos seus tres bloques, "Aspectos teóricos". No segundo e no terceiro, "A Crítica e os xéneros" e "A Crítica e o espazo interartístico", expóñense as claves analíticas de diversos métodos crítico-literarios e efectúanse aplicacións concretas  dos seus operativos sobre os arquixéneros recoñecidos pola Poéticas clásicas ou modernas (narrativa, poesía, teatro e ensaio) e sobre diferentes clases textuais ou discursivas (o diálogo, a descrición, a narración ou a argumentación, entre outras). Tamén se revisan neses percorridos problemas tan relevantes como a experiencia da lectura, a ficcionalidade ou a propia noción de xénero e as súas posibilidades tipolóxicas.  "Elementos de Crítica literaria" é un manual vinculado á ampla experiencia docente e investigadora do grupo de Teoría da literatura e  Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (TLLC-USC). Dos capítulos do libro responsabilizáronse especialistas en cada un dos sectores delimitados polo coordinador, de maneira que aos panoramas de conxunto puido sumarse en cada caso un pormenorizado estado da cuestión que presenta con rigor a tradición académica e asemade achega información moi precisa sobre o rico e complexo debate actual en torno ao feito literario e cultural. Son autores da obra: Anxo Abuín González, Silvia Alonso, Fernando Cabo Aseguinolaza, Arturo  Casas, Iris Cochón Otero, César Domínguez, Antonio J. Gil, María do Cebreiro Rábade Villar, Angeles Rodríguez Fontela, Norma Rodríguez González, Iria Sobrino Freire, Teresa Vilariño Picos e Darío Villanueva.

Xerais en Booksonline

  • A cabeza de Medusa
    Titulo del libro
    A cabeza de Medusa
    Jiménez Aleixandre, María Pilar
    Xerais
    Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os dí...
    No disponible

    12,50 €

  • Poesía Completa Lois Pereiro
    Titulo del libro
    Poesía Completa Lois Pereiro
    Pereiro, Lois
    Xerais
    «O profundo coñecemento que Lois Pereiro posuía da cultura e da contracultura do seu tempo, xunto coa súa e...
    No disponible

    16,65 €

  • O códice do santo lugar
    Titulo del libro
    O códice do santo lugar
    Nº 146
    Tobaruela Martínez, Pere
    Xerais
    Ano 1086. Santiago de Compostela. Un Diego Xelmírez aínda mozo, daquela estudante da escola episcopal, está ...
    No disponible

    13,50 €

  • A nosa horta
    Titulo del libro
    A nosa horta
    Cordeiro, Xesús / Dávila, Consuelo / Núñez, Andrés
    Xerais
    No disponible

    18,90 €

  • Éxodo
    Titulo del libro
    Éxodo
    Salgado García, Daniel
    Xerais
    Exodo coma axuste de contas: cos nosos tempos e co noso xeito de vivilos. Un lugar para entrar e saír, que des...
    No disponible