Cincuenta asasinatos breves e un prólogo

Cincuenta asasinatos breves e un prólogo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026304
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8302-630-4
Páxinas:
200
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
225
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

De orixe galega, Antonio Sánchez Lorenzo é autor de Fifty short murders and a prolog, a súa primeira postproducción literaria como socio director de Comunicación tres.1000, a empresa fantasma, con intereses literarios, que manten sólidos lazos co mundo estadounidense  da costa leste. A presente edición e versión en galego desta orixinalísima obra, publicada en Xerais Narrativa, correspondeu a Ramón Guitérrez Izquierdo.Estes cincuenta e dous relatos breves, dous deles inscritos nun apéndice, naceron a partir doutras tantas novelas longas que foron reescritas, reducidas e sintetizadas por un numeroso equipo de colaboradores, dirixido e coordinado por Antonio Sánchez Lorenzo que representaba ao autor (que por vaidade prefire quedar no máis absoluto anonimato) dun traballo literario moi dificilmente publicable cos criterios que, pola súa extensión desmesurada, hoxe utiliza o mundo editorial. Antonio Sánchez Lorenzo, en calidade de representante exclusivo do autor orixinal e máis de coordinador do equipo de autores finais e como autor do prólogo, asume así a autoría total deste libro.As historias de Cincuenta asasinatos breves e un prólogo, non se refiren todas elas a asasinatos, entroncan coas caudalosas novelas de tódolos tempos, e ben puideron resumirse noutra época: un grupo de amigos descubre ó traidor gracias á cadeira sempre desocupada do café ó que acuden diariamente; a chamada da morte que persegue a alguén que se extraviou de xeito absurdo polas rúas dos suburbios da gran cidade; o regreso á Terra do derradeiro ser humano; o soño do que posuía un instinto infeliz; unha decepcionante fin do mundo... Historias todas elas que falan doutros mundos pasados, futuros ou incertos, que teñen a virtude de mergullarnos na nosa cotiá  e tenebrosa irrealidade. Este libro é froito dun xogo de imposturas e  suplantacións da obra literaria.

Materia en Booksonline

Xerais en Booksonline

  • OS CAMIÑOS DOS VENTO
    Titulo del libro
    OS CAMIÑOS DOS VENTO
    Estévez, Xavier
    Xerais
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

  • As flores radioactivas
    Titulo del libro
    As flores radioactivas
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de an...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,95 €

  • Cantos caucanos
    Titulo del libro
    Cantos caucanos
    Avilés de Taramancos, Antón
    Xerais
    "Cantos caucanos" publicado integramente en 1985, cinco anos despois despois da volta de Antón Avilés da súa...
    No disponible

    18,95 €

  • 10.000 millas de andar na bici
    Titulo del libro
    10.000 millas de andar na bici
    Cid, Xabier
    Xerais
    Entre 2018 e 2020, a protagonista deste libro repartiu comida polas rúas de Glasgow e outras cidades escocesas...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,95 €

  • Morris Milpés
    Titulo del libro
    Morris Milpés
    Fitzmaurice, Mick
    Xerais
    O soño de Morris Milpés é converterse en bailarín de ballet, pero a súa familia, que vive en Coles de Brux...
    No disponible

    9,95 €