As escumas da letra

As escumas da letra. Biobibliografía de Luísa Villalta

Editorial:
Baia
EAN:
9788499954431
Ano de edición:
Materia
ENSAIOS
ISBN:
978-84-9995-443-1
Páxinas:
164
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
220
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
Baía Ensaio

A teor do subtítulo do libro, na biografía, con sólidas raíces na cidade da Coruña e na súa prolongación atlántica, pódese percibir a evolución da escritora, a configuración da personalidade xunto coa forxa do compromiso social e político, nun vencello particular coa lingua e a literatura, mais tamén co ensino público e sempre con Galiza. Nunha liña de coherencia absoluta entre vida e obra, o volume componse de dúas partes, pois os aspectos biográficos compleméntanse co estudo da extensa obra literaria. Segundo unha cita textual da autora Esperanza Mariño, o feito de ser Luísa Villalta unha escritora polifacética que desenvolveu os catro xéneros literarios -poesía, narrativa, teatro e ensaio- xunto coa tradución e o xornalismo sendo, ademais, prolífica, con certeza constitúe algo pouco habitual no mundo literario. Cómpre salientar unha faceta minimizada, como a do exercicio da crítica literaria que, a pesar de ter sido menos practicada, nela demostrou unha agudeza e precisión pouco usuais. Sen esquecer tampouco a cooperación na elaboración de manuais didácticos para o ensino secundario. As editoriais nas que publicou foron moi diversas, pero sempre se caracterizaron polo compromiso coa lingua e cultura galegas. Relacionado co anterior, estivo pronta a colaborar en publicacións periódicas ou volumes colectivos e mesmo en revistas en liña. En conclusión, o estudo pormenorizado e global garante unha imaxe fidedigna e completa de Luísa Villalta, como ser humano e como artista, do mesmo xeito que corrobora a súa importancia para a lingua e literatura galegas e, por extensión, para a cultura, alicerzada na escolla para o Día das Letras de 2024.

Outros libros do autor en Booksonline

Materia en Booksonline

Baia en Booksonline

  • Papá non sabe
    Titulo del libro
    Papá non sabe
    Ruan
    Baia
    A descrición dos monstros ruidosos que producen a chuvia, o vento..., o xogo ás agochadas que fai o sol todos...
    No disponible
  • A guía dos anfibios e reptís de Galicia
    Titulo del libro
    A guía dos anfibios e reptís de Galicia
    Asensi Cabirta, Moisés
    Baia
    Esta guía estuda os 14 anfibios e 29 réptiles que é posíbel observar en Galicia, ilustrados a toda cor por ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,55 €

  • A casa redonda
    Titulo del libro
    A casa redonda
    Nº 2
    Carballeira, Paula
    Baia
    Baía Edicións saca ao mercado unha nova colección de contos para nenos  e nenas de educación infantil, a co...
    No disponible
  • República sideral
    Titulo del libro
    República sideral
    Nº 17
    Fernández Carrodeguas, María Esther
    Baia
    Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade ...
    No disponible
  • Guía das orquideas de Galicia
    Titulo del libro
    Guía das orquideas de Galicia
    Cortizo, Carlos
    Baia
    Con esta guía preténdese dar a coñecer a todos os interesados, ese pequeno tesouro da natureza galega que so...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,55 €