APPCC avanzada

APPCC avanzada. Guía para a aplicación dun sistema de perigos e puntos de control críticos

Editorial:
Ideaspropias
EAN:
9788498392012
Ano de edición:
Materia
ECONOM?A E EMPRESA
ISBN:
978-84-9839-201-2
Páxinas:
194
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
GESTION EMPRESARIAL

Imaxinan que os produtos alimentarios que consumimos non pasasen uns controis de calidade? Os alimentos, como materia orgánica que son, estarían expostos a multitude de perigos potenciais que producirían a súa contaminación (perigos biolóxicos, químicos e físicos) e nós como consumidores, trala inxestión deses alimentos, estariámonos arriscando  a contaxiarnos de calquera enfermidade de transmisión alimentaria ou a que o noso organismo sufrise algún dano.

O sistema APPCC (Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico) é un procedemento metódico, científico e predominantemente preventivo que, utilizado ao longo da cadea de subministración do alimento proporciona un elevado índice de seguridade respecto á calidade hixiénico-sanitaria deste, é dicir, avala que o produto cumpre certas normas de limpeza, conservación, transporte...

A nova Norma ISO 22000 é un sistema  de xestión en materia de seguridade aplicable á cadea de abastecemento de alimentos e, polo tanto, unha ferramenta para implementar o sistema APPCC. Esta norma está avalada internacionalmente e tódolos sistemas de xestión de inocuidade de alimentos que a cumpren son susceptibles de certificación.

O obxectivo principal deste manual, que Ideaspropias Editorial lle presenta, é proporcionar ao lector a través dunha metodoloxía didáctica, un coñecemento teórico-práctico do sistema APPCC, da súa importancia, dos seus principios e da súa aplicación.

Outros libros do autor en Booksonline

  • APPCC básica
    Titulo del libro
    APPCC básica
    ', Victoria De las Cuev'
    Ideaspropias
    Na actualidade, coñecer as medidas de control de seguridade dos alimentos é un aspecto fundamental que teñen...
    No disponible

Materia en Booksonline

Ideaspropias en Booksonline