Un álbum sobre a convivencia e as relacións humanas co sentido do humor e a fina ironÃa de Teresa Duran e Gustavo Roldán. A señora A tÃñalle pánico ás cores. O amarelo dáballe calafrÃos; o verde, urticaria; o azul, dor de gorxa e o vermello causáballe febre, dor de estómago, cagarrÃa e espirros. Por iso a súa casa, os seus obxectos e a súa comida son soamente en branco e negro. Mais a súa vida verase alterada cando o señor Z, un pallaso moi famoso e colorido, aluga o piso de arriba. Teresa Duran asina unha historia chea de humor e ironÃa sobre a superación de medos e traumas grazas á axuda dos demais. As ilustracións, co estilo inconfundible de Gustavo Roldán, acentúan o carácter cómico da trama cuns trazos simples e moi próximos á linguaxe visual do cómic.