Intramundi

Intramundi

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029220
Año de edición:
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-8302-922-0
Páginas:
312
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

O pobo de Tras da Corda emerxe en menos de cincuenta anos dende a Idade media ata o século XX, entre as tensións da República, a brutalidade da Guerra Civil e a represión da dictadura. Anxo Xesto vislumbrou a miragre en 1928, cando concebiu unha estrada que puxera remate a tanto illamento e atraso. Unha idea que non sería doado pór en marcha. Tiña na súa contra ao poderoso cacique don Nazario, que non  admitía cambio ningún nos seus dominios, e ao mozo comunista Aníbal Coronas, teimudo con facer a revolución. Só Dolores Teixeiro e outros veciños compartían o soño de Anxo Xesto. O enfrontamento entre todos estes pesonaxes e as súas concepcións do mundo constitúe o eixo argumental de Intramundi, a nova novela de Carlos G. Reigosa, un fermoso mosaico de voces, ambicións e sentimentos. Carlos G. Reigosa desvela así unha parte do noso pasado, agochado nos pregues montañosos  de Tras da Corda de irresistible atractivo pola cantidade dos seus tesouros.Para Alfredo Bryce Echenique: "Intramundi é sen dúbida a novela de Carlos González Reigosa en que máis profundidade alcanza a gran habilidade deste autor para trasladarnos constantemente máis aló dos feitos e palabras dos que é responsable un personaxe ó longo de toda a súa vida. Chámense Anxo Xesto, o pragmático; Saúl Centeo, o idealista; Dolores Teixeiro, a sensual e paciente amante; Xosé Trabada, o eterno cura, ou Don Nazario, o poderoso cacique, os habitantes de Tras da Corda percorren durante catro décadas da España republicana e franquista o desacougante camiño que os leva da luz ás tebras, da convicción á dúbida e da lóxica ó desatino. Contradictorios, incoherentes, poboados por todos os seres que poden habitar nun mesmo ser, entrelazados fatalmente nas múltiples historias  que compoñen esta novela, os personaxes de Intramundi pertencen á saga dos grandes nomes da novela clásica, aqueles que o lector seguirá  sempre con profunda inquietude desde o nacemento ata a desembocadura do río das súas vidas. E das nosas"

Otros libros del autor en Booksonline

Materia en Booksonline

Xerais en Booksonline

  • O libro das viaxes imaxinarias
    Titulo del libro
    O libro das viaxes imaxinarias
    DoCampo, Xabier P.
    Xerais
    O libro das viaxes imaxinarias, escrito por Xabier P. DoCampo e ilustrado por Xosé Cobas, contén a transcrici...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,50 €

  • A chamada da selva
    Titulo del libro
    A chamada da selva
    LONDON, JACK
    Xerais
    No disponible

    7,25 €

  • O bestiario científico de Anxos Nogueirosa
    Titulo del libro
    O bestiario científico de Anxos Nogueirosa
    Fraga, Antonio M.
    Xerais
    I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil Premio da Gala do Libro 2019 á mellor obra xuvenil ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €

  • Luz de Tebra
    Titulo del libro
    Luz de Tebra
    Vázquez de la Cruz, Ánxel
    Xerais
    «Luz de Tebra é unha obra de rescate. Luz de Tebra vainos levando, relato a relato, chanzo a chanzo, do frío...
    No disponible

    20,50 €

  • Fisterra y Costa da Morte
    Titulo del libro
    Fisterra y Costa da Morte
    Laredo Verdejo, Xose Luis
    Xerais
    No disponible

    13,60 €