Floreano

Floreano. Alquílanse borrachos para festas

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491212171
Año de edición:
Materia
HUMOR Y CURIOSIDADES
ISBN:
978-84-9121-217-1
Páginas:
216
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
230
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
HUMOR GRÁFICO

20,95 €

IVA incluido

Este libro recolle catrocentas tiras das publicadas por Gogue en "Faro  de Vigo" na súa sección "Floreano" organizadas en tres apartados: "De  mulleres, chiñas, rubias e varios", "De curas, monseñores e eminensias" e "De tasas, viños e loureiros". Constitúe a primeira gran  antoloxía dos personaxes creados polo humorista do Grove: Floreano, Monchiña, Epifanio, Cachiña, don Ramón o cura, Charito e Fly. Abre o volume o texto, "Floreano, My Way", limiar de Alberto Avendaño, director de "Tiempo Latino".
 
 "Floreano e mais eu cumprimos os 25 anos en paralelo, el nas páxinas do "Faro de Vigo" e eu nas rúas migratorias dos Estados Unidos. Eu creo na liberdade de expresión e Floreano é a expresión da liberdade. Floreano é paródico e saudoso, eu vivín a parodia en Galicia e vivo a saudade en Washington. Floreano, aínda que non o pareza, nunca fai comentarios de actualidade transcendental; limítase a doar os seus órganos vitais -cerebro, lingua e outras partes brandas- para o melloramento da humanidade. Eu nunca me atrevería a tanto. Floreano é un heroe accidental, un mártir despistado, un home sen segundas porque  pensa que conduce un coche automático. Niso tamén somos diferentes. Floreano debe ser declarado Patrimonio Intanxible da Humanidade aínda que a el o que máis lle gusta é tocar. (...)
 Se lle preguntas a Floreano como lle vai a vida, espétache: My Way! Se  mo preguntas a min, eu dígoche: Do carallo! E cando Floreano e mais eu cantamos a dúo, con Sinatra na casete do dous cabalos gris, e chega  aquilo de I did it my way!, nós os dous -que non falamos galego normativo- erguemos as cuncas de tinto ao ceo e aturuxamos en perfecta  de-sintonía: Man-da-ca-ra-lloooooo!
 Gracias, GOGUE. Thank you, Floreano."
 Do limiar de Alberto Avendaño

Materia en Booksonline

Xerais en Booksonline

  • Faneca brava
    Titulo del libro
    Faneca brava
    Nº 336
    Portas Fernández, Manuel
    Xerais
    A da prima Concha é, sen dúbida, unha historia singular. Homes singulares na vida, se cadra, hai moitos. Alg...
    No disponible

    20,95 €

  • A cociña do Entroido e San Xoán
    Titulo del libro
    A cociña do Entroido e San Xoán
    Vila Pernas, Miguel
    Xerais
    Entanto o tradicional entroido galego está en decadencia a favor dun carnaval unificado que nos transporta a c...
    No disponible

    22,50 €

  • Tres capitáns de tempos idos
    Titulo del libro
    Tres capitáns de tempos idos
    Avilés de Taramancos, Antón
    Xerais
    Tres capitáns de tempos idos é a única peza de teatro e a única obra pensada para o público infantil que d...
    No disponible

    7,55 €

  • Mar adiante
    Titulo del libro
    Mar adiante
    Moreno, María Victoria
    Xerais
    Publicada en 1973, Mar adiante é a primeira novela en lingua galega de  María Victoria Moreno e unha das nove...
    No disponible
  • O MERLO DE FERRO
    Titulo del libro
    O MERLO DE FERRO
    CORTIZAS, ANTóN
    Xerais
    A forxa de Manuel ten unha xanela de vidros cadradiños e pequenos. Pegado a ela hai un banco ateigado de ferra...
    No disponible

    11,20 €