Cando o doutor Moldes comeza a traballar nunha clÃnica psiquiátirca, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que pasa o dÃa enteiro escribindo de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o único resto dalgún ignorado naufraxio. O doutor conseguirá que Laura volva recordar todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecÃa ameazar a súa vida. Ningún dos dous podÃa adiviñar que, deste xeito, estábanlle abrindo a prta a unha realidade terrible que os deixarÃa marcados para sempre. Air enegro mestura os elementos dos xéenros fantástico e de terror para construÃr un thriller absorbente. Aire negro, unha das máis loubadas novelas de AgustÃn Fernández Paz, é unha intensa e desacougante historia de amor, narrada cun uso maxistral do suspense e da intriga, que mantén a tensión ata a liña derradeira. A presente edición, a dçécimo terceira, foi completamente revisada e actualizada polo autor.